O concello de Arteixo convidounos a realizar una actividade que nos encantou! Fomos á escola de cociña e aprendimos a facer pizza!!!!!
Xa que está moi cerquiña do cole fomos andando ata alí seguindo ós monitores, e cando chegamos como facía moi bo día cociñamos ó aire libre.
Cando chegamos vestíronnos coma auténticos cociñeiros con estes mandiles tan coloridos:
Xa estamos preparados así que a cociñar a pizza: amasamos , botamos o tomate, o queixo....e así todos os ingredientes ata que xa estaba lista!!
Agora 15 minutos ó forno e....pizzas listas!!!
Cando xa estaban cociñadas deronnos una caixiña para poder levalas para a casa!! Que ben o pasamos!!!