jueves, 19 de abril de 2018

XOGO DE PISTAS!!

O último día de clase antes das vacacións de Semana Santa fixemos un divertidísimo xogo de pistas por todo o colexio, no que despois de moito investigar, buscar e correr por todo o centro, descubrimos unha gran sorpresa!!
Cando chegamos á aula descubrimos una carta que nos daba diferentes pistas e nos animaba a seguir buscando outras similares por todo o cole.
Segundo nos dicía dita carta, si descubríamos todas as pistas atopariamos unha sorpresa, así que puxémonos mans á obra!!
Tivemos que estar moi atentos e  actuar coma un gran equipo para saber onde poderían estar agachadas e despois de moitas emocións, conseguimos chegar ó final do xogo.  
A rica sorpresa mereceu a pena!!!!




viernes, 6 de abril de 2018

CONCERTO DE ODAIKO

Para despedir o segundo trimestre todo o cole acudimos a un concerto no Centro Cívico de Arteixo, do grupo de percusión Odaiko!
Foi moi divertido, non só porque o concerto estivo xenial senon tamén porque para acudir a él fomos dando un paseo por Arteixo!!
Fixo un día estupendo de sol, e aproveitámolo moi ben!

E o concerto por suposto, encantóunos!! ensináronnos moitos instrumentos de percusión, cantamos, bailamos...foi moi divertido!!
Aquí podedes ver un pequeno exemplo do ben que o pasamos!!



jueves, 5 de abril de 2018

CUMPLE DE ZAKARIYA

Onte tivemos un novo cumple na clase dos tulipáns, Zakariya cumpriu 6 anos e celebrouno con nós!! PARABÉNS Zakariya!!

VISITA Á DOMUS!!

Na clase dos tulipáns seguimos traballando o proxecto do corpo e para seguir aprendendo moitas cousas sobre este tema, fixemos una saída á Domus, en Coruña, na que o pasamos xenial!
A Domus é o Museo do Home, e alí vimos moitas cousas interesantes sobre o corpo humano.

Aquí tedes un pequeno resumo de moitas das cousas que  fixemos, do moito que investigamos, e cómo non...do ben que o pasamos:
   

Fixemos de todo: medimos as partes do corpo, xogamos ó futbol, vimos cómo son os nosos ósos, tocamos o piano, xogamos a
diferentes xogos, debuxamos....e moitas moitas cousas máis!!!

Pasámolo xenial, pero despois de tantas actividades tivemos que repoñer forzas, tocaba merendar!!

Foi una gran saída, estamos desexando volver!