domingo, 23 de abril de 2017

PROXECTO "O UNIVERSO"

Levo moito tempo desexando facer esta entrada sobre o noso novo proxecto, e por diferentes motivos nunca podía acabala, pero por fin a teño lista para que podades ver como comezou e todo o que estamos traballando sobre el.

Este proxecto iniciouse comezado xa o segundo trimestre, estabamos na clase lendo un conto cando de repente escoitamos un gran ruído que fixo que nos asomaramos á porta e ás ventás para saber o que estaba pasando.
Vimos que no chan do patio había unhas grandes bolas que non sabiamos de onde saíran, así que con moito coidado decidimos ir a mirar o que pasaba.
Saímos ó patio e vimos que o que había no chan parecían pedras, meteoritos dicían algúns!!!
Despois de mirar con moito coidado, decidimos que a profe collera unha de esas pedras (iso si, con guantes por si queimaba), e a levase para a clase para ver ben o que pasaba.

Analizamos moito esa pedra tan rara,a ver si sabiamos que acababa de pasar no cole de Arteixo, e de repente chegáronnos noticias que nos aclararon un pouco máis a situación!! Xosé Luís, o noso director, saía nas noticias para informarnos do que pasaba, mirade o vídeo que nos mandou:

Por fin nos quedou claro o que pasara, unha chuvia de meteoritos acababa de caer no noso cole, e deberiamos buscar información sobre este suceso e todo o que está relacionado co Universo, así que decidimos comezar  a traballar este tema na aula dende ese mesmo momento.

Para aprender cousas sobre o Universo pensamos que o mellor era pedir axuda ás nosas familias e elaboramos unha nota para saber si eles terían información sobre o tema:
Coma sempre que pedimos axuda ás nosas familias, a súa colaboración non tardou en chegar, e pouco a pouco fomos conseguindo un montón de información sobre os planetas, as estrelas, os asteroides, a vía lactea....e moitas máis cousas do Universo.
Cada neno foi explicando ós seus compañeiros o material que trouxo e todo o que podiamos aprender con el.
            
      
 
Grazas a toda esta información que conseguimos, estamos aprendendo un montón de cousas sobre este proxecto.

O primeiro que traballamos foron os planetas, estudiamos as características de cada un deles, e incluso os representamos no noso recuncho do Universo:
        
            
 
Traballamos un pouco máis en profundidade o Planeta Terra, e experimentamos con diferentes formas de pintura, como spray e contagotas para recrear a mesma:
     
 
      
      
 Como se fosemos auténtico especialistas da NASA tamén fixemos experimentos, e diseñamos un cohete que saíu voando polo ceo de Arteixo a toda velocidade.
Usamos vinagre e bicarbonato, que introducimos en una botella de plástico, e mirade o resultado:
Mirade que como saíu voando:
Este proxecto tamén nos está servindo para traballar algún dos días de Obrigada Conmemoración, como o día da Muller Traballadora, no que coñecemos cales foron as mulleres máis importantes que foron ó espazo ou que realizaron algunha actividade importante relacionada con este tema.
Traballamos un pouco máis en profundidade a Valentina Tereshkova, primeira muller astronauta:

Estas foron algunhas das actividades que traballamos sobre o Universo, pero veremos moitas máis, xa que é un tema que está sendo moi motivador e que está encantando ós nosos tulipáns.