O pasado luns día 6 tivemos unha saída á Coruña, fomos á fundación Abanca a ver o espectáculo "Osiño" que presentaba a compañía de monicreques Trompicallo.
Foi a nosa primeira saída este curso así que estábamos bastante nerviosos e con moitas ganas de que chegara o día!!
Xa estamos listos, así que a coller o bus!
Chegamos!!! que ganas de entrar!!
Para chegar á sala onde vimos a actuación tivemos que montar en un ascensor moi especial que era de cristal, e que nos gustou moito porque podiamos ver todo o que pasaba fora!
Xa sentados estabamos ansiosos porque empezara!!
Foi unha obra moi divertida!! gustounos moito a historia de "Osiño" e as súas aventuras a través das diferentes estacións.
Estamos desexando volver a saír de excursión!
No hay comentarios:
Publicar un comentario