O pasado 25 de Novembro celebrouse o Día Mundial contra a violencia de Xénero, e a clase dos tulipáns quixemos conmemorar tamén esta data tan importante e significativa.
Traballamos o tema da eliminación de estereotipos a través de un conto que vimos cos nosos compañeiros de nivel:
Despois de falar e analizar o conto que visionamos, pintamos debuxos da protagonista, cos que fixemos un mural no que quixemos representar o importante que é non crear estereotipos nos nenos, coma vestir de unha cor por ser neno ou nena, ou realizar diferentes actividades segundo o xénero :
Tamén falamos na aula de cal era o motivo de esta conmemoración e sumámonos á cor morada que a representa!!
Os tulipáns estamos en contra de calquera tipo de violencia!!!