lunes, 28 de marzo de 2016

PROXECTO DA PREHISTORIA

Xa estamos traballando un novo proxecto!!! Despois de aprender tantas cousas sobre os dinosaurios, agora imos a traballar A PREHISTORIA!!
Na nosa aula apareceu un día unha pequena caixa misteriosa:
Non sabemos de onde veu así que decidimos abrila e ver o que había dentro:
Unha maza, unha lanza, fotos de un mamut e de un troglodita, un libro de información...
Cando vimos todo isto, entrounos moita curiosidade e decidimos investigar un pouco máis, así que puxémonos mans á obra e buscamos información en diferentes lugares: na biblioteca, no ordenador, na casa pedíndolle axuda ás nosas familias...
 Queremos aprender cómo era aquela época, cómo vivían, que comían, cómo vestían....
Para comezar e sentirnos uns auténticos prehistóricos fixemos unha cova na clase!! Para saber realmente cómo vivían fai moitos anos, e que nos servirá como recuncho de xogo!! Aínda a temos que  decorar máis pero encántanos meternos dentro sempre que podemos.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario