lunes, 28 de marzo de 2016

PROXECTO DA PREHISTORIA

Xa estamos traballando un novo proxecto!!! Despois de aprender tantas cousas sobre os dinosaurios, agora imos a traballar A PREHISTORIA!!
Na nosa aula apareceu un día unha pequena caixa misteriosa:
Non sabemos de onde veu así que decidimos abrila e ver o que había dentro:
Unha maza, unha lanza, fotos de un mamut e de un troglodita, un libro de información...
Cando vimos todo isto, entrounos moita curiosidade e decidimos investigar un pouco máis, así que puxémonos mans á obra e buscamos información en diferentes lugares: na biblioteca, no ordenador, na casa pedíndolle axuda ás nosas familias...
 Queremos aprender cómo era aquela época, cómo vivían, que comían, cómo vestían....
Para comezar e sentirnos uns auténticos prehistóricos fixemos unha cova na clase!! Para saber realmente cómo vivían fai moitos anos, e que nos servirá como recuncho de xogo!! Aínda a temos que  decorar máis pero encántanos meternos dentro sempre que podemos.

 

SEMANA DA PRENSA

A semana do 7 ó 11 de Marzo conmemorouse a Semana da Prensa na escola, e na Clase dos Tulipáns traballamos durante eses días con xornais e revistas.
 Durante esa semana na entrada do colexio colocouse un panel para que cada curso puxera alí algo traballado sobre a prensa, e nós elaboramos un pequeno mural das partes
 do xornal:
Tamén fixemos traballos individuais sobre as partes do xornal, e buscamos diferentes titulares:
 

MAÑÁ DE CONTACONTOS NA BIBLIOTECA DE ARTEIXO

Este mes tamén fixemos unha pequena saída á  Biblioteca Municipal Henrique Rabuñal de Arteixo. Estabamos invitados polo Concello para asistir a un divertido contacontos, así que montamos no autobús e alí nos diriximos!!
 
 Pasámolo moi ben, rimos moito e encantounos esa biblioteca tan grande onde había moitos libros!!

CUMPLES DE MARZO

Durante este mes de Marzo tivemos varias celebracións!! Catro dos nosos "tulipáns" estiveron de cumple e todos xuntos festexamos os seus recentes catro anos!!! Lara Pérez, Pablo, Sofía e Diego...PARABÉNS  A TODOS!! 
Coas súas coroas e a merendola que nos trouxeron pasamos uns días de moita festa!!

CUMPLE DE SOFÍA
CUMPLE DE LARA
CUMPLE PABLO
CUMPLE DIEGO

lunes, 7 de marzo de 2016

COIDAMOS CARACOIS


Fai uns días tivemos un regalo moi especial!! A profe  Fina deunos unha caixiña con caracois para que os coidaramos e aprendamos cómo eran e cómo vivían.
Gustáronnos moito e chamáronnos tanto a atención  que non dubidamos en coñecelos a fondo, colléndoos, acariciándoos e dándolles de comer:
Despois de coidalos durante varios días decidimos deixalos libres para que volveran coas súas familias e amigos e que mellor lugar que soltalos no patio!
 
 
 

REMATAMOS O PROXECTO DOS DINOSAUROS

O proxecto dos dinosauros que comezamos a principio de curso chegou ó seu fin!! Despois de traballar moito este tema podemos dicir que xa case somos "expertos" en dinos!!
Aprendemos as súas características máis importantes, qué comen, cómo nacen, as partes do seu corpo, onde viven...e por último vimos cómo desapareceron.
Unha das actividades finais que realizamos neste proxecto foi a elaboración de fósiles de dinosauro con plastilina, moi parecidos ós que atopaban os paleontólogos nos seus estudos:







domingo, 6 de marzo de 2016

CUMPLE DE EMMA!!

Entre tanta festa de Nadal, Entroido....non podemos esquecernos de outras grandes celebracións como son os cumples!!!! Este pasado mes de Febreiro, Emma cumpriu 4 anos e quixo celebralo na aula con todos nós!!
Tivemos unha rica merenda, unha coroa que lle quedaba moi ben, e un bonito regalo dos seus compañeiros. PARABÉNS EMMA!!!