miércoles, 27 de junio de 2018

GRAZAS TULIPÁNS!!! ATA SEMPRE

 Hoxe este blog non pecha por vacacións, hoxe este blog pecha para sempre.
Rematou una etapa, un camiño xuntos que se ten que separar. Os tulipáns fixéronse maiores e tenen que deixar Educación Infantil.
A partir de agora comezan una nova etapa en Primaria: nova aula, novo/a mestre/a, novas experiencias, novos camiños que descubrir.
Dende aquí quero despedirme de vós, meus pequenos tulipáns, e das vosas familias. 
Foron tres anos especiais, onde vos vin madurar, cambiar, nos que traballamos moito, rimos moito e aprendimos moito.
Non é fácil dicir adeus a un grupo coma este, nin a unhas familias coma estas.
Grazas por todo, por facer que todo fose máis sinxelo, e por valorar sempre o meu traballo.


Así comezamos a nosa aventura como clase dos tulipáns...

E así rematamos esta etapa!!
   
   
   
   
   
   
   


Moita sorte a partir de agora, disfrutade moito e non vos olvidedes nunca do voso paso por Infantil, eu non o vou a facer!!!



martes, 26 de junio de 2018

FESTA DE FIN DE CURSO!

Despois  de todo o vivido este ano, chegou o día no que rematamos o curso e a etapa de Educación Infantil. E a mellor maneira de facelo é con unha festa por todo o alto.
Foi un día para disfrutar, liberarnos de tensións e compartir os últimos momentos cos nosos compañeiros tulipáns.
Bailamos, xogamos, puxemos tatuaxes, pintamos con tizas, saltamos nos inflables, comimos xeados....
Non nos puidemos despedir de mellor maneira, aquí tedes un pequeno resumo:

Acabamos agotados pero mereceu moito a pena, puxemos o broche de ouro para 3 anos de ouro!!!
Espero tulipáns que disfrutárades tanto coma min véndovos así de felices!



SAÍDA A ALDEA NOVA!

Perdoade pola miña tardanza en poñer esta entrada pero estas últimas semanas foron un pouco de "tolos" e non tiven posibilidade de facelo.
Foi un dos días máis esperados polos nosos tulipáns, a desexada saída de fin de curso!!
Este ano fomos á granxa escola de Aldea Nova en Neda, e a pesar de que o día non axudou moito e houbo que cambiar algunas das actividades programadas, disfrutamos a tope!!
Como estaba chovendo bastante non puidemos realizar algún talleres como o de montar a cabalo, e so un grupo puido darlle de comer ós animais.  Pero iso non impediu que realizaramos outras cousas tamén moi divertidas, mirade:

- Antes de que empezara a chover este grupo puido ver os animais e darlles de comer, pero por desgraza foron os únicos, xa que despois foi imposible saír a velos!

- Outra das actividades foi o taller de pan:

- Plantamos no invernadoiro:


- Aprendimos a facer velas, e vimos instrumentais de apicultura:

- Xogamos a xogos tradicionais:
E como non disfrutamos de una rica comida todos xuntos!


A pesar do mal tempo foi un día moi divertido, e cheo de grandes experiencias. Disfrutamos moito!!! Ata sempre Aldea Nova!