martes, 20 de marzo de 2018

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA DE ARTEIXO!

O concello de Arteixo convidounos a semana pasada a un contacontos moi divertido na Biblioteca Municipal, e como nos encantan os contos acudimos con moitas ganas!! Que ben o pasamos!!

CUMPLE DE PABLO E DIEGO

Seguimos cos cumples de Marzo!! Agora é o turno de Pablo e Diego que cumpriron 6 anos celebrándoo con todos nós! PARABENS para os dous!

sábado, 10 de marzo de 2018

CUMPLES DE LARA E SOFÍA

O mes de Marzo ven cargado de cumples na clase dos Tulipáns!! As primeiras en cumplir 6 anos este mes foron Lara Pérez e Sofía que nos convidaron a unas ricas merendas!!!PARABÉNS para as dúas!!!

Cumple de Lara:
Cumple de Sofía:


viernes, 9 de marzo de 2018

8 DE MARZO DIA DA MULLER

O 8 de Marzo celébrase o Día Internacional da Muller, e dende a clase dos tulipáns queremos sumarnos a esta loita pola igualdade de xénero.
Falamos moito de este tema na aula o que deu lugar a reflexións moi importantes dos nosos pequenos tulipáns, pero quedámonos con unha frase que resume moi ben o que pensamos:
"CHICO = CHICA"
Partindo de este "lema" decidimos reflexar en papel que as mulleres e os homes poden facer as mesmas cousas, ter os mesmos traballos e practicar os memos deportes.
Cada neno debuxou unha actividade realizada por un home e por una muller e un símbolo de = no medio deles, xa que os dous as poden facer igual perfectamente!!
Con eses debuxos elaboramos o noso mural:
Este foi o resultado:


miércoles, 7 de marzo de 2018

ABRIMOS A FIESTRA A ROSALIA!!

O pasado 24 de febrero celebrouse o Día de Rosalia, e a clase dos tulipáns sumámonos á iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega que este ano leva por lema #AbrideAFiestra para conmemorar un día tan importante!!

Decoramos as nosas fiestras con debuxos de Rosalia de Castro e escribimos un dos  poemas que máis nos gusta da autora: