miércoles, 28 de febrero de 2018

TALLER DOS SENTIDOS

Como xa sabedes seguimos traballando na aula o proxecto sobre o corpo humano, e a pasada semana falamos dos 5 sentidos.
Unha das actividades que fixemos para traballalos foi un taller do gusto e do tacto que nos axudou a diferencialos ben.

TALLER DO TACTO: tocamos diferentes texturas e recoñecémolas cos ollos pechados.

TALLER DO GUSTO: probamos diferentes alimentos e intentamos diferenciar si eran doces, amargos, salgados ou ácidos. Uns gustáronnos moitos pero outros...non tanto!!!


viernes, 23 de febrero de 2018

CUMPLE DE EMMA

Esta semana estivemos de celebración na clase dos tulipáns, Emma cumpriu 6 anos, e celebrouno con nós con esta rica merenda. PARABÉNS EMMA!!


sábado, 17 de febrero de 2018

CHEGOU O ENTROIDO!!

Chegou o Entroido a Arteixo e celebramos esta festa por todo o alto!!
Este ano o noso disfraz  foi de "holandeses e holandesas" xa que estamos traballando no cole diferentes países da Unión Europea, e Holanda foi o país que nos tocou ó nivel de 5 anos.

Como non puidemos saír a desfilar e a ensinar os nosos bonitos disfraces porque estaba chovendo, aquí tedes unhas fotos do ben que nos quedaba!
Foi un día moi divertido, desfilamos, bailamos, merendamos postres de entroido... pasámolo xenial!