domingo, 24 de septiembre de 2017

FESTA DE FIN DE CURSO

Comezamos un novo curso pero non podemos esquecernos do ben que o pasamos cando rematamos o curso pasado. 
Tivemos una gran festa na que non faltaron xogos, música e una merenda deliciosa.
Así que, que mellor forma de comezar un curso novo que recordando o ben que o pasamos no anterior.
Este é un pequeno resumo de ese día de festa:
Primeiro tivemos tempo para xogos, bailes e tatuaxes!
       
 Despois  para repoñer forzas chegou o momento de merendar e xa que era día de festa, tivemos merenda especial!
  
 Despois de recuperar as forzas, a seguir xogando!!

Foi un gran día, pasámolo xenial e estamos seguros de que este curso que comeza será aínda mellor!!




BENVIDOS Ó NOVO CURSO!!!

Benvidos a todos a un novo curso que comeza!!!!