domingo, 31 de enero de 2016

PROXECTO DOS DINOSAUROS

Durante este curso, un dos proxectos que estivemos a traballar (estamos a piques de rematalo), é o dos DINOSAURIOS!!
Quero mostrarvos un pequeno resumo de como comezou este proxecto e algunhas das actividades que realizamos con el.
A pesar de comezalo no primeiro trimestre e que aínda estabamos coa adaptación ó cole, os nenos/as motiváronse moito, e pouco a pouco fóronse interesando polo tema e aprendendo moitas cousas sobre os dinosauros: que tipos hai, qué comen, cómo pisan....e a través de este tema traballamos todo tipo de conceptos: cores, grafomotricidad, números, letras...

O proxecto comezou con unhas raras pisadas que apareceron na aula cando chegamos pola mañá!! comezamos a seguilas e leváronnos ata un niño con un ovo moi grande!! quen poñería aí ese ovo? Non o sabiamos, pero investigando ben descubrimos que había unha carta que nos deixara a "Dinosauria Nicolasa",  unha mamá dinosaura que pasou por Arteixo e nos deixou un ovo seu para que os Tulipáns o coidaran!
Xa que a nosa misión era coidar o ovo, decidimos investigar ben cómo eran os dinosauros, cómo vivían, qué comían...e o primeiro que fixemos foi pedir axuda ás nosas familias para que nos aportaran todo o material que puidesen, e fixérono xenial!
Cómo xa tiñamos información suficiente comezamos a traballar!

Primeiro decoramos a clase para o noso proxecto e construímos un Dino xigante, cada mesa se encargou de pintar unha parte e despois xuntamos as pezas como se fose un puzzle:


Descubrimos que había moitos tipos de dinosauros e que non todos comían o mesmo xa que os hai herbíboros e carnívoros, así que buscamos en folletos de supermercado qué tipo de comida podía comer cada un:
Tamén vimos debuxos das súas huellas, e comparámolas coas nosas!!! tanto coas das mans como coas dos pés! e vimos cómo si se parecen ou non:
E como xa estabamos "en faena" e cos pés pintados...porque non aproveitar para facer un mural coas nosas pisadas, e de paso pasalo xenial bailando encima dun papel xigante??
Foi unha actividade que nos encantou e que seguro que repetiremos en algún outro momento!

Xa comezabamos a meternos no "Mundo Dino" e decidimos investigar un pouco máis e ver a cantidade de tipos de dinosauros había! Eran moitos e cada neno decidiu escoller o que máis lle gustaba (moitos coincidiron nos seus gustos). Unha vez feita a elección construímos o noso propio dinosauro con pratos de cartón, que pintamos, recortamos e adornamos para que quedaran tan bonitos como estes:

Non nos podemos olvidar do ovo da "dinosaura Nicolasa", xa que nos pediu que o coidásemos ata que nacera! Tivemos moito coidado de que non lle pasara nada e tratámolo con moito cariño, ata que un día...comezou a romper!!foi toda unha novidade!!
 E un día cando chegamos á clase...atopamos esto:
O dinosauro xa nacera!!! e Nicolasa contábanos nunha carta que cómo era moi pequeno levouno con ela para coidalo, pois necesitaba estar cerca da súa mamá! Seguro que con ela está moito mellor!!

Pouco a pouco seguimos aprendendo máis cousas sobre os dinosauros, e xa case somos uns "expertos" no tema. 
Agora falta pouquiño para rematar este proxecto pero seguro que non nos olvidaremos del tan facilmente.
Este foi un breve resumo para que vos fagades unha idea, hai moitas máis cousas que veredes nos traballos que levaremos para a casa.
 

BENVIDOS Ó NOSO BLOG!!!



Benvidos ó blog  da “Clase dos tulipáns”, hoxe comeza  esta nova aventura onde poderedes ver un pouquiño como traballamos dentro da clase e que actividades estamos a facer, xa que ás veces é difícil poder contarvos todo o que vivimos dentro do cole, e espero que deste xeito esteades un pouquiño máis cerca de nós!
Será un blog moi sinxelo, onde veredes fotos e algún vídeo das actividades máis destacables ou as que máis nos gustaron, ademais de algunha festa e celebración importante. Pido desculpas xa de antemán porque seguro que veredes  algún que outro fallo pero espero que vexades tamén a ilusión e as ganas con que está feito.

Todos os Tulipáns comezamos esta aventura con moitas ganas e mandámosvos un forte saúdo!!